A globalización

O noso grupo decidiu levar a cabo un traballo de investigación, documentación e difusón da Globalización nos distintos ámbitos da sociedade dos derradeiros douscentos anos. Velaquí os resultados.

 

A Revolución Sexual: actualidade e perspectivas de futuro

Foto: Sex on the canvas, Picasso (1932).

Resumo

Este traballo nace a partir da motivación de destacar a importancia que tivo a revolución sexual na sociedade da súa época. Foi unha controvertida idea de ver o sexo e a sexualidade que non estivo nin está carente de críticas de moitos sectores, predominantemente conservadores da sociedade.

A principal finalidade é intentar concienciar de que os cambios que supuxo esta revolución foron moi importantes, mais quédanse curtos ou non se lograron na súa totalidade para a sociedade do século XXI. Por isto pensamos que se debería afondar máis en cuestións que nacen coa revolución sexual, coma a educación sexual ou os dereitos da muller ou da comunidade LGBTI.

A principal conclusión estraída despois da realización do traballo é que grazas á revolución sexual a nosa sociedade puido avanzar e deixar atrás un rancio conservadorismo socialmente imposto moitos séculos atrás polas interpretacións que a igrexa fixera da Biblia con respecto ao tema da sexualidade. Con esta revolución chegou ao mundo un novo tipo de mentalidade na que todo o mundo tiña cabida. Malia todo isto, tamén cabe destacar que non todas as consecuencias desta revolución foron positivas, xa que o auxe da pornografía, por exemplo, chegou nesta época.

Sigue leyendo “A Revolución Sexual: actualidade e perspectivas de futuro”